F

Novas

Asemblea Xeral Extraordinaria o vindeiro xoves 15 de setembro de 2016


Aviso urxente a tod@s @s soci@s

O vindeiro xoves 15 de setembro ás 20:00 horas, terá lugar nos baixos da alameda de Ordes, unha Asemblea Xeral Extraordinaria que ten por obxecto principal a modificación dos Estatutos da nosa Asociación.

Como sabedes, no seu día plantexouse un prazo para a presentación de propostas por parte daqueles socios que quixeran participar, que rematou o día 12 de setembro.

É por isto que atendendo ás obrigas que supón exercer a figura de socia ou socio, pregámosvos que teñades a ben valorar as dúas opcións de modificación existentes que se plantexan a continuación, co fin de votar a que máis vos satisfaga.









7 adopcións, unha veintena de socias e socios novos e máis de 500€ entre donativos e ventas dos productos de merchadising

Ese é o formidable balance que se fai da Xornada de Portas Abertas que levamos a cabo o pasado sábado día 30 de xullo. Sen lugar a dúbida un resultado que nos agradou a todos e con creces, pois foi suficiente para alonxar ao "Pantasma do Sacrificio" durante uns días da nosa canceira.

Esta xornada fixo que o domingo seguinte resultase ser tamén unha xornada de festa para todos nós, mais logo desa resaca tan agradable, compre poñer os pés enriba da terra e voltar á realidade: acadar adopcións non deixa de ser como aprobar un exame en setembro... Algo non se fixo ben para que unha morea de cans rematara na canceira. É por isto que non queda outra máis que seguir traballando nas tarefas de concienciación.

Maila todo! Parabéns aos nosos amigos peludiños. Cans como Orión, que se atopaba ás portas da morte, veñen de acadar unha segunda oportunidade. Esa que tan boa é as veces!


Por fin se asinou o CONVENIO!

O luns día 1, dando comezo ao mes de agosto, por fin se asinou o convenio que brindará máis autonomía e capacidade á nosa asociación para poder participar máis en profundidade na mellora da calidade de vida dos cans da canceira de Ordes.

Dende xa, e sempre baixo a supervisión do equipo veterinario, e atendendo as premisas marcadas polo Concello de Ordes, poderemos proceder a pasear aos cans, ou a facilitar as visitas a posibles adoptantes.

Confiemos en poder sacar todo o partido que merece este convenio entre o Concello e a nosa Asociación, gracias ao ben facer de todos os nosos socios!

Entradas populares

Facebook

Instagram